
¡Hola! Ola! Hello!
Rompamos as barreiras lingüísticas coa tradución.
​
Axúdoche a que os produtos audiovisuais cheguen a un público máis amplio, proporcionando sempre a mellor calidade.

QUEN SON?
Chámome María e son tradutora bilingüe especializada en tradución audiovisual. A lingua orixe dende a que traballo é o inglés, e traduzo a español e galego, as miñas linguas maternas. Tamén traduzo de español a galego e viceversa.
​
Rematei a carreira de Tradución e Interpretación no 2020 na Universidade de Vigo e logo completei o máster de Tradución Audiovisual na Universitat Autònoma de Barcelona. Mentres acababa o máster, comecei a traballar como tradutora autónoma.
​
Levo traballando desde ese momento como tradutora audiovisual para algunhas das provedoras máis importantes de servizos lingüísticos.
​
Contacta comigo se precisas axuda coa túa tradución. Estarei encantada de axudarche!

CLIENTES COS QUE TRABALLO



